A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista.

Seguimos con boas novas este 2016.

O pasado venres 12 de Febreiro celebrouse na sede da Conselleria de Sanidade de Santiago de Compostela unha Mesa Sectorial na que se aprobou por unanimidade un Proxecto de Decreto para a creación da categoría estatutaria de persoal Enfermeiro/a Especialista no Servizo Galego de Saúde.

4

Esta nova categoría abarcará  a todos aqueles graduados en enfermaría que teñan unha especialidade. Incluirá as especialidades de: saúde mental, traballo, familiar e comunitaria, xeriatría, coidados médico quirúrxicos e pediatría.

O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e posteriormente ser publicado no DOG para a súa entrada en vigor.

O Sergas comezará o 1 de abril a vacunar os bebés contra a Varicela

Hoxe líamos na prensa a seguinte noticia: ” O Sergas comezará o 1 de abril a vacunar os bebés contra a Varicela”.

Así a vacuna contra a varicela a partir do 1 de abril de este ano incorpórase ó Calendario Vacinación Galego. A pauta será de dúas dosis, unha os 15 meses e a seguinte os 3 anos.
O Servizo Galego de Saúde vacinará de forma gratuita de varicela ós infantes mentres que ata o de agora soamente se vacinaba de forma gratuita ós nenos de 12 anos que aínda non tiveran a enfermidade e ós grupos de risco.

Noticia na Voz de Galicia

Boy and vaccine syringe
Boy and vaccine syringe