Enfermeiras especialistas en pediatría reclaman a súa presenza en Atención Primaria.

Sentímonos moi desgustados pola situación da pediatría en atención primaria. A mala xestión sanitaria estase a notar xa en moitos centros de saúde nos que non hai pediatras. Isto repercute tamén na atención hospitalaria cun aumento de casos nas urxencias e o seu conseguinte colapso.
Nós, queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cos pediatras así como o noso rexeitamento a situación que non deixa de agravarse. Somos un equipo asistencial imprescindible en atención primaria, unha especialidade distinguida tanto médica como enfermeira e como tal debemos ser recoñecidos y valorados.

Fai uns días o Dr. Garnelo, Xefe de Servizo do SAP Colmeiro en Vigo escribíanos uns parágrafos que nos gustaría compartir con todos vos:

“Soy un creyente y defensor de la Enfermería Pediátrica. Hace 30 años, Luis Baamonde (Pediatra del Grove) y yo diseñamos la Historia Clínica y los Controles de Salud para el actual Sergas. Ya en los mismos definíamos las funciones de la enfermería Pediátrica como parte esencial de la atención al niño, en los registros de la historia clínica, en el control del desarrollo psicomotor, pondo estatural, prevención accidentes, alimentación, higiene, vacunaciones, en resumen, toda la actividad del Control de Salud, excepto los ítems de exploración física que los hacía y hace el Pediatra. (…) Y es básica la especialidad ya que los niños no son adultos pequeños, como creen nuestros planificadores, tienen sus propias patologías y su desarrollo físico / emocional, que es la base para tener una sociedad de adultos sanos y competentes. “

O Dr. Lorenzo, xefe de Pediatría do Álvaro Cunqueiro, co que nos reunimos a semana pasada, fixo tamén unhas declaracións para o diario Faro de Vigo no que, como presidente de SOPEGA, quixo sumarse á nosa reivindicación solicitando a nosa incorporación ós hospitais e centros de saúde. Entende que é lóxico e necesario a nosa incorporación inmediata.

Deixámosvos a noticia a continuación;

 

Fai dúas semanas a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria publicaba un decálogo de propostas para a mellora da Atención Primaria. No sexto punto reivindican a presenza dunha enfermeira pediátrica para o traballo en equipo porta con porta, unha enfermeira con formación específica na atención pediátrica. Ese é o ideal de traballo a alcanzar.

Aquí podedes consultar o seu decálogo.

Por último, vos deixamos o enlace para firmar a petición en contra da desaparición dos pediatras en atención primaria que elaborouse a nivel nacional clic aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *