Encontro co Conselleiro de Sanidade

O 20 de Marzo recibíronnos en Santiago o Conselleiro de Sanidade, o Xefe de Gabinete e  o Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial. Este encontro foi moi produtivo xa que puidemos presentarnos a nova directiva e charlar da nosa especialidade.

 

Aquí vos deixamos a mostra do encontro.

De esquerda a dereita; Alfonso Alonso Fachado, Aránzazu Otero Vidal, Marta Solla Martinez, Jesús Vázquez Almuiña, Silvia Costas Malvido, Iria Diz André e Javier Paz Esquete.

Fomos moi ben recibidas e tralas presentacións iniciais abordamos os temas referentes á evolución das enfermeiras especialistas de Pediatría no SERGAS.

 

Dende aquí agradecemos o apoio mostrado pola Consellería e esperamos ver pronto bos resultados xa que fomos convidadas a participar na actualización da Guía de apoio para o programa do Neno San. Proxecto que xa comezamos a elaborar o pasado día 11 de abril en Santiago xunto a unha boa lista de excelentes profesionais de pediatría en Atención Primaria de toda Galicia.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *