Listaxe provisional admitidos/excluídos

Temos boas novas Especialistas!

 

Despois dunha longa espera, hoxe publícase no DOG a resolución pola que se aproba a publicación das listaxes provisionais de admitidos e exluídos na categoría de Enfermeira/o Especialista en Enfermería Pediátrica!

O estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos ou na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación, ante as direccións das estruturas organizativas de Xestión Integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formularen a súa reclamación.

 

Encontro co Conselleiro de Sanidade

O 20 de Marzo recibíronnos en Santiago o Conselleiro de Sanidade, o Xefe de Gabinete e  o Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial. Este encontro foi moi produtivo xa que puidemos presentarnos a nova directiva e charlar da nosa especialidade.

 

Aquí vos deixamos a mostra do encontro.

De esquerda a dereita; Alfonso Alonso Fachado, Aránzazu Otero Vidal, Marta Solla Martinez, Jesús Vázquez Almuiña, Silvia Costas Malvido, Iria Diz André e Javier Paz Esquete.

Fomos moi ben recibidas e tralas presentacións iniciais abordamos os temas referentes á evolución das enfermeiras especialistas de Pediatría no SERGAS.

 

Dende aquí agradecemos o apoio mostrado pola Consellería e esperamos ver pronto bos resultados xa que fomos convidadas a participar na actualización da Guía de apoio para o programa do Neno San. Proxecto que xa comezamos a elaborar o pasado día 11 de abril en Santiago xunto a unha boa lista de excelentes profesionais de pediatría en Atención Primaria de toda Galicia.

 

Aclaracións sobre o Pacto de Contratación do Servizo Galego de Saúde

Hoxe 22 de Decembro de 2016 publiouse no Diario Oficial de Galicia informando dos acordos da Comisión Central de Seguimento sobre o Pacto de Contratacións. Nesta publicación aclárase a situación dos enfermeiros especialistas nas listas de contratación.

Deixamos a vosa disposición o seguinte enlace para que poidades ler toda a información.

DOG NÚM 243

 

Os Enfermeiros Especialistas de Galicia unénse para traballar de forma conxunta

Onte, día 9 de Novembro de 2016, tivo lugar a primeira reunión entre representantes das diferentes Asociacións Galegas de Enfermeiros Especialistas: Asociación Galega de Enfermaría Pediátrica (AGaEP), Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Asociación de Enfermería do Ámbito Galego de Saúde Mental (AEAGSM) e Asociación Galega de Matronas (AGAM).

O obxectivo principal acordado nesta reunión é o loitar xuntos por un fin común, aproveitando os puntos fortes de cada grupo en beneficio de todos os enfermeiros especialistas galegos. Constituindo un grupo de traballo permatente para xuntar e coordinar esforzos para conseguir que o Servizo Galego de Saúde desenvolva o recollido no Decreto 81/2016 do 23 de Xuño, polo que se crea no ámbito do Servicio Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista.

De este xeito para comezar o noso traballo conxunto redactouse un escrito, que adxuntamos neste apartado, dirixido tanto o Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia como a Directora Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde solicitando a inserción laboral e o incremento de prazas de Enfermerias Especialistas no Servizo Galego de Saúde.

Carta-Conselleiro-09.11.16
Carta-RRHH-09.11.16

registro-escrito-especialidades-enfermeria-09-11-16-sscc-galcia-1

 

Novo Pacto de Selección Temporal do Sergas, no que se inclúe a CATEGORÍA DE ENFERMEIRO/A ESPECIALISTA

Hoxe día 30 de xuño, publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CESM-O´MEGA, CC.OO, UGT e CSIF , sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema Público de Saúde de Galicia.

DOG do 30 de xuño de 2016 – Pacto sobre selección de personal estatutario temporal.

Creadas as especialidades de Enfermaría no Servizo Canario de Saúde

Onte Martes 28 de Xuño de 2016 publicouse o Decreto 73/2016, do 20 de Xuño, polo que se crean e suprimen determinadas categorías e especialidades de persoal estatutario no ámbito das institución sanitarias do Servicio Canario de Saúde y se modifica a denominación da categoría estatutaria ATS/DUE.

Concretamente no artigo 7 podemos ver reflexada a Categoría de Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría Pediátrica.

Alegrámonos de que pouco a pouco a nosa profesión se regularice en todo o territorio nacional.

servicio_canario_de_la_salud_small

Proposta de elaboración de proxecto de decreto para a creación da categoría de enfermeiro especialista en pediatría na C. Valenciana

Seguimos con boas novas!

Igual que pasou xa en Galicia, chéganos agora a noticia de que na Comunidade Valenciana presentarase o próximo luns, 14 de Marzo,  na Mesa sectoria a proposta de incluir en bolsa as categorías de Enfermeira Pediátrica e Enfermeira Geriátrica. De momento este documento tan só é unha proposta pero confiamos en que pronto se faga realidade.

Dende a nosa asociación transmitimos todo o noso apoio aos enfermeiros especialistas valencianos. Pouco a pouco entre todos iremos alcanzando metas.18-conj.-valencia-im-1

No seguinte enlace podedes ver o documento proposto:

PROPOSTA DE ELABORACIÓN DE PROXECTO DE DECRETO PARA A CREACIÓN DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSONAL ESTATUTARIO DO SERVICIO DE SAÚDE DA COMUNIDADE VALENCIANA.