Metas

Son fins principais da nosa asociación:

  • Procurar acadar o maior estado de saúde do neno e adolescente, tanto a nivel hospitalario coma en calquera ámbito da sociedade (atención primaria, escola…) potenciando a calidade dos coidados enfermeiros especializados.
  • Impulsar o desenvolvemento dos Especialistas en Enfermaría Pediátrica.
  • Defender o recoñecemento institucional tanto a nivel autonómico como nacional da Enfermeira Especialista en Pediatría.
  • Fomentar o desenvolvemento profesional da Enfermaría Pediátrica representando aos seus membros ante as Institucións Públicas cando sexa necesario.
  • Facilitar a creación de grupos de investigación para o estudio e actualización dos coñecementos da ciencia enfermeira buscando a atención integral no coidado do neno e do adolescente en tódolos ámbitos da súa vida.
  • Celebración de cursos, sesións, conferencias, reunións e outros actos para contribuír á formación continuada dos Residentes de Enfermaría Pediátrica e ás/os enfermeiras pediátricas.
  • Coordinación con outras asociacións e sociedades científicas do ámbito pediátrico para o estudio e desenrolo de estratexias comúns para a mellor atención do neno e do adolescente.