Presentación

QUE É AGaEP?

O proxecto da AGaEP comeza como un pensamento común de varios enfermeiros especialistas en pediatría e residentes enfermaría pediátrica pola loita da regularización e recoñecemento da nosa especialidade, no ámbito particular de Galicia, e que se fai realidade o 15 de Setembro de 2015.

Somos unha asociación enfermeira profesional e científica sen ánimo de lucro, que ten como único fin o formar unha unión de todos os actuais e futuros enfermeiros especialistas en pediatría da nosa comunidade.

Nesta páxina web poderedes atopar información de todos os proxectos levados a cabo en común,  así como toda a información actualizada sobre a especialidade pediátrica.

Comezamos este proxecto con gran ilusión para a representación de todo o noso colectivo.