Vacina Tetravírica

Temos novas en Galicia para as vacinas dos 3 anos!

A partir do 1 de Marzo de 2018 os nenos e nenas con 3 anos poderán vacinarse de sarampelo, rubéola, parotidite e varicela nunha mesma inxección.

A pauta será:

  • 12 meses: triple vírica.
  • 15 meses: varicela.
  • 3 anos: tetravírica.

A nota informativa completa do SERGAS deixámola AQUÍ.