A Mesa Sectorial acorda por unanimidade a creación da categoría de Enfermeiro/a Especialista.

Seguimos con boas novas este 2016.

O pasado venres 12 de Febreiro celebrouse na sede da Conselleria de Sanidade de Santiago de Compostela unha Mesa Sectorial na que se aprobou por unanimidade un Proxecto de Decreto para a creación da categoría estatutaria de persoal Enfermeiro/a Especialista no Servizo Galego de Saúde.

4

Esta nova categoría abarcará  a todos aqueles graduados en enfermaría que teñan unha especialidade. Incluirá as especialidades de: saúde mental, traballo, familiar e comunitaria, xeriatría, coidados médico quirúrxicos e pediatría.

O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e posteriormente ser publicado no DOG para a súa entrada en vigor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *