Comunicado AGaEP sobre as eleccións ao pleno do “Consejo General de Enfermería”

En relación á resolución nº 9/2021, pola que se convocan eleccións para a provisión de cargos no Pleno do “Consejo General de Colegios Oficiales de Enfermería” de España que terán lugar o vindeiro 12 de xuño, animamos a todas as persoas asociadas a participar no proceso de elección outorgando o seu apoio a algunha das candidaturas presentadas a través dos colexios provinciais, tal e como o indican os seus estatutos.

Quixeramos recordar que este é o órgano colexiado que nos representa, polo que alentamos a todos os profesionais a participar neste proceso de elección, ó que optan dúas candidaturas.

É o momento de apostar por un Consello Xeral de Enfermería que represente, defenda e aposte polo desenvolvemento  e o futuro das especialidades enfermeiras.

Xunta Directiva da AGaEP

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *