A Formación Sanitaria Especializada é a ensinanza co sistema de residencia como procedemento para a formación en todas as especialidades de ciencias da saúde. Este sistema básase no aprendizaxe centrado no profesional, que consiste nunha práctica clínica programada, supervisada e retribuída que permite asumir de forma progresiva as responsabilidades a medida que avanza o proceso formativo, cunha vinculación laboral entre o Sistema de Saúde e o especialista en formación. Dita formación consta dunha serie de rotatorios por diferentes unidades ratificado polo Consello Nacional de Especialidades en Ciencias da Saúde publicado no Boletín Oficial do Estado:
“A formación clínica da EIR en pediatría desarrollarase en atención primaria e especializada, seguindo a distribución das rotacións que mostramos a seguir:
- Atención Primaria: 7 meses.
- Urgencias Pediátricas: 2 meses.
- Unidades de Pediatría (Lactantes, escolares, preescolares, hospital de día, etc.): 5 meses.
- Unidad Neonatal: 2 meses.
- Cuidados Intensivos Neonatales (UCIN): 3 meses.
- Cuidados Intensivos Pediátricos (UCIP): 3 meses.
No primeiro ano, poderase comezar por atención primaria ou especializada, deixando sempre para o final, no segundo ano, as rotacións por UCIN e UCIP.”
O acceso realízase mediante unha convocatoria anual de probas selectivas para acceder a ditas plazas de formación ofertadas no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Sanidade.