Descubre a AGaEP
O proxecto da AGaEP comeza como un pensamento común de varios enfermeiros especialistas en pediatría e residentes de enfermaría pediátrica pola loita da regularización e recoñecemento da nosa especialidade, no ámbito particular de Galicia, e que se fai realidade o 15 de Setembro de 2015.
Somos unha asociación enfermeira profesional e científica sen ánimo de lucro, que ten como único fin o formar unha unión de todos os actuais e futuros enfermeiros especialistas en pediatría da nosa comunidade.
Nesta páxina web poderedes atopar información de todos os proxectos levados a cabo en común, así como toda a información actualizada sobre a especialidade pediátrica.
Comezamos este proxecto con gran ilusión para a representación de todo o noso colectivo.
Os nosos
obxectivos
Procurar acadar o maior estado de saúde do neno e adolescente, tanto a nivel hospitalario coma en calquera ámbito da sociedade (atención primaria, escola…) potenciando a calidade dos coidados enfermeiros especializados.
Impulsar o desenvolvemento dos Especialistas en Enfermaría Pediátrica.
Defender o recoñecemento institucional tanto a nivel autonómico como nacional da Enfermeira Especialista en Pediatría.
Fomentar o desenvolvemento profesional da Enfermaría Pediátrica representando aos seus membros ante as Institucións Públicas cando sexa necesario.
Facilitar a creación de grupos de investigación para o estudio e actualización dos coñecementos da ciencia enfermeira buscando a atención integral no coidado do neno e do adolescente en tódolos ámbitos da súa vida.
Celebración de cursos, sesións, conferencias, reunións e outros actos para contribuír á formación continuada dos Residentes de Enfermaría Pediátrica e ás/os enfermeiras pediátricas.
Coordinación con outras asociacións e sociedades científicas do ámbito pediátrico para o estudio e desenrolo de estratexias comúns para a mellor atención do neno e do adolescente..