Especialidade en Enfermaría Pediátrica
A enfermaría pediátrica diferenciouse como especialidade en 1964 (Decreto 3524/1964, do 22 de outubro), ante o convencemento de que os problemas de saúde es as necesidades de coidados que se presentan durante a infancia e a adolescencia son moi diferentes ós que se requiren na idade adulta. Esta convición determinou que en España a enfermaría pediátrica fose unha constante nas distintas disposicións que ó longo do tempo regularon as especialidades de enfermaría. A través do vixente Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, que se inscribe no marco do previsno na Ley 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, en cuxo Título II se aborda unha regulación das distintas especialidades en Ciencias da Saúde.
Actualmente, dentro do programa de formación especializada do Ministerio de Sanidade, e tal e como aparece reflexada a Orden SAS/1730/2010, de 17 de junio, pola que se aproba e publica o programa formativo da especialidade de Enfermería Pediátrica, publicado no BOE Núm. 157 do Martes 29 de xuño de 2010. Sec.III. Páx 57251, estanse formando profesionais enfermeiros especialistas en Pediatría, que, como se describen no dito documento son “profesionales capacitados para proporcionar cuidados de enfermería especializados de forma autónoma, durante la infancia y adolescencia, en todos los niveles de atención, incluyendo la promoción de la salud, la prevención de la enfermedad y la asistencia al recién nacido, niño y adolescente sano o enfermo y su rehabilitación, dentro de un equipo multiprofesional y el colaboración con enfermeras especialistas de otras áreas.”
Vía Extraordinaria
No ano 2015 tivo lugar a realización das probas selectivas para a obtención do título de Enfermeiro/a Especialista en Pediatría ás que se presentaron todos aqueles profesionais que contaban cun mínimo de tres anos de experiencia nos diferentes ámbitos da especialidade.
A nosa
especialidade
“A formación clínica da EIR en pediatría desenvolverase en atención primaria e especializada, seguindo a distribución das rotacións que mostramos a seguir:
- Atención Primaria: 7 meses.
- Urxencias Pediátricas: 2 meses.
- Unidades de Pediatría (Lactantes, escolares, preescolares, hospital de día, etc.): 5 meses.
- Unidade Neonatal: 2 meses.
- Coidados Intensivos Neonatales (UCIN): 3 meses.
- Coidados Intensivos Pediátricos (UCIP): 3 meses.
No primeiro ano, poderase comezar por atención primaria ou especializada, deixando sempre para o final, no segundo ano, as rotacións por UCIN e UCIP.”
O acceso realízase mediante unha convocatoria anual de probas selectivas para acceder a ditas plazas de formación ofertadas no Boletín Oficial do Estado polo Ministerio de Sanidade.
Na nosa comunidade ofertanse 15 prazas, 5 en A Coruña e 4 en Vigo, 1 en Lugo, 2 en Ourense, 1 en Pontevedra e 2 en Santiago.
Unidades Docentes
UNIDADE DOCENTE PARA ESPECIALIDADE DE ENFERMERÍA PEDIÁTRICA DA CORUÑA
Hotel de Pacientes (Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña). R/ Xubias de Arriba, 84 , 15006 A Coruña.
Visita aquí a súa páxina web.
UNIDADE DOCENTE PARA ESPECIALIDADE DE ENFERMERÍA PEDIÁTRICA DE VIGO
Hospital Álvaro Cunqueiro R/ Estrada de Clara Campoamor nº 341, Babio – Beade, 36312 Vigo (Pontevedra)
Visita aquí a súa páxina web.
Se aprobaches o EIR e precisas máis datos sobre a residencia en Galicia, recomendámosche os artigos sobre preguntas frecuentes que responden ós actuais residentes ca súa propia experiencia. Visítaos clicando na cidade correspondente:
E se aínda che quedan dúbidas, envíanos un mail a info.agaep@gmail.com e trataremos de resolvelas.