Publicacións

Encontro co Conselleiro de Sanidade

O 20 de Marzo recibíronnos en Santiago o Conselleiro de Sanidade, o Xefe de Gabinete e  o Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial. Este encontro foi moi produtivo xa que puidemos presentarnos a nova directiva e charlar da nosa especialidade.   Aquí vos deixamos a mostra do encontro. De esquerda a dereita; Alfonso Alonso Fachado, Aránzazu Otero Vidal, Marta…

Concurso específico Enf. Especialista SERGAS

  Hoxe publícase no DOG a resolución pola que se aproban as bases do procedemento do concurso específico para a provisión de prazas da categoría de enfermeira/o especialista.   Cada especialidade terá o seu prazo específico que iranse publicando no DOG de forma gradual e progresiva atendendo ás necesidades de planificación.   As bases reguladoras están anexadas nesta publicación.  

OPE enfermaría SERGAS

Hoxe, 13 de marzo de 2018, ábrese o prazo de inscrición para a OPE de enfermaría do SERGAS con fecha probable de exame (fontes sindicais) en maio de 2019.   O procedemento é o mesmo que na última OPE. Deberase anotar empregando a plataforma FIDES e tramitando os documentos mediante rexistro.   O prazo de inscrición é de un mes,…

Enfermeiras especialistas en pediatría reclaman a súa presenza en Atención Primaria.

Sentímonos moi desgustados pola situación da pediatría en atención primaria. A mala xestión sanitaria estase a notar xa en moitos centros de saúde nos que non hai pediatras. Isto repercute tamén na atención hospitalaria cun aumento de casos nas urxencias e o seu conseguinte colapso. Nós, queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cos pediatras así como o noso rexeitamento…

Ope enfermaría pediátrica!

Bos días ESPECIALISTAS! 😉 Onte recibiamos a mellor noticia para o noso colectivo!  O SERGAS convocará unha OPE con 4 prazas de Enfermeira Especialista en Pediatría! Clicando AQUÍ encontraredes a publicación coa información aínda que todos os medios xa se fixeron eco da nova! Agradecemos sempre a vosa colaboración xa que é imprescindible para avanzar! Parabéns a todos!

Apertura Inscripción Listas SERGAS

Buenos días ESPECIALISTAS!😁   Tenemos buenas noticias que comunicaros!    Ayer, día 15 de noviembre, en el DOG nº 217 se publicó el anuncio del inicio del plazo de inscripción para las listas de enfermeros/as especialistas en enfermería pediátrica del SERGAS.   El plazo para inscribirse comienza hoy día 16 de noviembre y termina el 15 de diciembre. Los méritos…