OPOSICIÓNS E CONCURSOS

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia, convocados polas resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240117/AnuncioG0003-100124-0007_gl.html

** Enfermero/a Especialista en enfermaría PEDIÁTRICA: Domingo,4 de febreiro de 2024 as 9:00h.

As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

Non se lles permitirá o acceso ao interior do recinto de realización das probas aos/ás aspirantes que non presenten o código QR impreso.

Os/as aspirantes deberán respectar as seguintes indicacións:

1ª. O/a aspirante deberá asistir á realización das probas co material mínimo indispensable. Este material irá nun só bolso ou mochila, de tamaño pequeno, que cada aspirante levará sempre consigo e que, durante a realización do exame, deberá situar no chan.

2ª. Non estará permitido o acceso do/da aspirante ao interior do recinto con alimentos, agás causa médica xustificada.

3ª. Todos/as os/as aspirantes presentados/as ás probas selectivas terán á súa disposición, na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), o certificado de asistencia ao exame a partir do día seguinte ao de realización dos exercicios. Non se facilitará ningún certificado no lugar de realización das probas.