Seguimos con boas novas este 2016.
O pasado venres 12 de Febreiro celebrouse na sede da Conselleria de Sanidade de Santiago de Compostela unha Mesa Sectorial na que se aprobou por unanimidade un Proxecto de Decreto para a creación da categoría estatutaria de persoal Enfermeiro/a Especialista no Servizo Galego de Saúde.
Esta nova categoría abarcará a todos aqueles graduados en enfermaría que teñan unha especialidade. Incluirá as especialidades de: saúde mental, traballo, familiar e comunitaria, xeriatría, coidados médico quirúrxicos e pediatría.
O Proxecto de Decreto deberá ser aprobado polo Consello da Xunta e posteriormente ser publicado no DOG para a súa entrada en vigor.