O pasado 30 de Novembro fomos recibidos polo novo Conselleiro de Sanidade. A reunión asistiron o Propio Conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, a Directora Xeral de Recursos Humanos Margarita Prado Vaamonde e cinco dos nosos integrantes, entre os que se encontraban o Presidente da AGaEP e a Vicepresidenta.
O obxectivo desta reunión era a dialogación sobre os seguintes temas:
– A inclusión, no Pacto sobre selección do personal estatutario temporal no ámbito do Servicio Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, do requisito de “estar en posesión do título da Especialidade de Enfermaría Pediátrica” como un dos supuestos para acceder ás listas especiais referentes ó área de pediatría (UCI pediátrica, hospital de día onco-pediátrico, prematuros-neonatos).
– Prioridade na contratación en todas as áreas pediátricas tanto hospitalaria como atención primaria e en todos os ámbitos de educación para a saúde da infancia e/ou adolescencia.
– Creación da categoría de Enfermera/o especialista en pediatría.