RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario da categoría de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de Enfermería Familiar e Comunitaria, Enfermería Pediátrica e Enfermería do Traballo
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación en calquera momento, sen suxeición a prazo, desde o día seguinte á publicación desta convo- catoria no Diario Oficial de Galicia.
En cada ciclo anual de adxudicación incluiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de xaneiro do respectivo ano.
Con carácter excepcional, e exclusivamente para o primeiro ciclo de adxudicación, admitiranse as solicitudes de participación e petición de destinos que consten rexistradas en Fides/expedient-e e formalmente presentadas ata o 15 de febreiro.
Os méritos que se valorarán neste primeiro ciclo anual, serán os causados ata o 15 de decembro do ano anterior, inclusive, que consten debidamente rexistrados en Fides/expe- diente-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada en data do 15 de febreiro de 2023.