SEGUNDO CONCURSO ESPECÍFICO SERGAS – RESOLUCIÓN

Publícase a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se resolve a convocatoria do segundo concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista nas especialidades de pediatría e saúde mental.   

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes a praza correspondente que figura nos indicados anexos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administra- tivo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230209/AnuncioG0003-310123-0001_gl.pdf