O martes 12 de abril celebrarase en Santiago de Compostela, no edificio docente Novoa Santos, a “6ª xornada interctiva sobre vacunas para enfermaría”. Para todos os interesados aquí tendes o programa desta xornada, así como toda a información necesaria.
Seguimos con boas novas! Igual que pasou xa en Galicia, chéganos agora a noticia de que na Comunidade Valenciana presentarase o próximo luns, 14 de Marzo, na Mesa sectoria a proposta de incluir en bolsa as categorías de Enfermeira Pediátrica e Enfermeira Geriátrica. De momento este documento tan só é unha proposta pero confiamos en que pronto se faga realidade.…
No DOG de hoxe, 7 de marzo de 2016, publícase a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2016. DOG nº45 7 de marzo de 2016 Na categoría de enfermeiro/a convócanse un total de 140 plazas. Oferta que dende a asociación cremos é irrisoria.
Interesante curso sobre psicooncología no que se inclúe unha parte específica de oncología pediátrica. Aquí vos deixamos o enlace con toda a información: Información curso psicooncología
Seguimos con boas novas este 2016. O pasado venres 12 de Febreiro celebrouse na sede da Conselleria de Sanidade de Santiago de Compostela unha Mesa Sectorial na que se aprobou por unanimidade un Proxecto de Decreto para a creación da categoría estatutaria de persoal Enfermeiro/a Especialista no Servizo Galego de Saúde. Esta nova categoría abarcará a todos aqueles graduados en…
O Servizo Galego de Saúde convocará este ano 144 plazas para persoal estatutario diplomado e de formación profesional. Dende AGaEP consideramos que o número de plazas segue sendo insuficiente. Noticia en Redacción Médica
Hoxe líamos na prensa a seguinte noticia: ” O Sergas comezará o 1 de abril a vacunar os bebés contra a Varicela”. Así a vacuna contra a varicela a partir do 1 de abril de este ano incorpórase ó Calendario Vacinación Galego. A pauta será de dúas dosis, unha os 15 meses e a seguinte os 3 anos. O Servizo…
O próximo 27, 28 e 29 de abril celébrase na cidade de Málaga o “V Congreso Internaciona de enfermería de la Infancia”. A continuación tendes o programa de dito congreso así como o enlace para acceder a toda a información pertinente: Accede a Web do Congreso
Empezamos o ano 2016 cunha gran nova!!! O pasado 31 de decembro de 2015 publicouse no BOCM Nº311, páxina 25, a creación da categoría de enfermeiro especialista na Comunidade Autónoma de Madrid. “Se crea en las Instituciones sanitarias dependientes del Servicio Madrileño de Salud, las siguientes categorías de personal estatutario: a) Enfermero/a Especialista, para cuyo acceso se exige estar en posesión…