Na Voz de Galicia do día de hoxe, sae publicado un interesante artigo que ilustra á perfección a situación actual que se vive na Enfermaría en Galicia. Un documento no que se presenta o maltrato sistemático da Sanidade Pública Galega ao noso colectivo que en moitos casos, coa excusa da pandemia da Covid-19, aumentou significativamente.
Animámosvos a consultalo neste enlace e que se dea luz a esta situación que vive a nosa Sanidade e que repercute nos pacientes. Dende a AGaEP imos seguir traballando para loitar contra estas inxustizas e lograr revertir todas estas accións e prácticas.